O xoves 10 de outubro, en colaboración co sindicato Unións Agrarias, celebramos a actividade de "A vaca PACa". É unha campaña que se desenvolve en trece centros escolares de Galicia para sensibilizar aos rapaces e rapazas do 2º e do 3º ciclo de educación primaria no que se refire á importancia da agricultura ecolóxica e de calidade, así como dos beneficios do consumo responsable e de seguir unha dieta saudable. A sesión estivo dirixida por un docente e pola mascota da campaña, a vaca PACa, que realizou xogos sobre a agricultura, adiviñas e repartiu bolsas de castañas entre os alumnos/as.