Para desexar ás familias unhas felices vacacións de Nadal, os nenos e nenas de 2º ciclo de primaria escribiron unha poesía, xunto cos alumnos/as de educación primaria. Foron estes últimos os encargados de recitala ás portas do centro aos pais e nais que estaban agardando fóra. Tamén aproveitaron para cantarlles unha panxoliña.
venres, 20 de decembro de 2013
xoves, 14 de novembro de 2013
Semana dos Cogomelos
A través do proxecto do centro "Campañó: a nosa parroquia", os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de primaria participamos nun obradoiro sobre os cogomelos. Amancio Castro, como membro da "Asociación Micolóxica Brincabois", adentrounos neste mundo e deunos resposta a todas as nosas dúbidas. Tamén con Amancio, o día 11 de novembro, saímos ao monte para recoller algúns exemplares. A clasificación das 29 especies recollidas e a posterior exposición no colexio fixémola gracias á axuda de Jaime Blanco Dios, presidente da citada asociación.
Queremos destacar a participación do CEIP San Benito de Lérez, CEIP Santo André e EEIP de Verducido, cos que vimos traballando dende hai anos en diferentes actividades.
luns, 14 de outubro de 2013
A vaca PACa
O xoves 10 de outubro, en colaboración co sindicato Unións Agrarias, celebramos a actividade de "A vaca PACa". É unha campaña que se desenvolve en trece centros escolares de Galicia para sensibilizar aos rapaces e rapazas do 2º e do 3º ciclo de educación primaria no que se refire á importancia da agricultura ecolóxica e de calidade, así como dos beneficios do consumo responsable e de seguir unha dieta saudable. A sesión estivo dirixida por un docente e pola mascota da campaña, a vaca PACa, que realizou xogos sobre a agricultura, adiviñas e repartiu bolsas de castañas entre os alumnos/as.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
