A través do proxecto do centro "Campañó: a nosa parroquia", os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de primaria participamos nun obradoiro sobre os cogomelos. Amancio Castro, como membro da "Asociación Micolóxica Brincabois", adentrounos neste mundo e deunos resposta a todas as nosas dúbidas. Tamén con Amancio, o día 11 de novembro, saímos ao monte para recoller algúns exemplares. A clasificación das 29 especies recollidas e a posterior exposición no colexio fixémola gracias á axuda de Jaime Blanco Dios, presidente da citada asociación.
Queremos destacar a participación do CEIP San Benito de Lérez, CEIP Santo André e EEIP de Verducido, cos que vimos traballando dende hai anos en diferentes actividades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario