mércores, 23 de abril de 2014

DÍA DA PAZ

Para conmemorar este día os nenos/as do CEIP de Campañó fixeron diferentes actuacións: cantaron, bailaron e recitaron poemas. Grazas ó gran traballo feito pola mestra de relixón e ás titoras puidemos festexar este día todos/as xuntos.

"A palabra Paz ía remando, un pouqiño para diante e outro pouco para atrás..." 

É así como Anxo Moure, no seu libro "As árbores da Paz", vai creando un bosque cheo de esperanza, xustiza, solidariedade e tenrura.