martes, 17 de xuño de 2014

CAMPAÑÓ: A NOSA PARROQUIA



                                          O NOSO PROXECTO



   

Proxecto Campañó from TrinidadGS

 






                             


                                    





                           
KAMISHIBAI
                                               
AVOA DE CAMPAÑÓ
Rufiño e os moletes de pan: conto elaborado polos nenos de

Publish at Calameo or read more publications.


Cruceiros de Campañó







PROXECTO DA PANADARÍA

ONDA CERO


xoves, 22 de maio de 2014

NOVO COGOMELO

En Novembro de 2012, os rapaces/as de Lérez atoparon unha especie de cogomelo non clasificada ata o momento. Púxoselle o nome científico de CHEIMONOPHYLLUM PONTEVEDRENSE. Agora toca poñer un nome galego, polo que podemos participar elixindo entre tres nomes que nos propón Jaime Blanco Dios. Clicade no seguinte enlace para acceder á votación: https://docs.google.com/forms/d/1gfrk_1ONllmkqdSMrWcsir39pTPQCRZRUTUy1OBA2NU/viewform?usp=send_form

mércores, 23 de abril de 2014

DÍA DA PAZ

Para conmemorar este día os nenos/as do CEIP de Campañó fixeron diferentes actuacións: cantaron, bailaron e recitaron poemas. Grazas ó gran traballo feito pola mestra de relixón e ás titoras puidemos festexar este día todos/as xuntos.

"A palabra Paz ía remando, un pouqiño para diante e outro pouco para atrás..." 

É así como Anxo Moure, no seu libro "As árbores da Paz", vai creando un bosque cheo de esperanza, xustiza, solidariedade e tenrura.





martes, 25 de febreiro de 2014

Benvidos

Comezamos unha nova andaina no CEIP de Parada-Campañó, a cal queremos compartir con todos vós. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega dávos a benvida a este novo proxecto agardando a vosa participación. Un saúdo.

venres, 20 de decembro de 2013

Poesías de Nadal

Para desexar ás familias unhas felices vacacións de Nadal, os nenos e nenas de 2º ciclo de primaria escribiron unha poesía, xunto cos alumnos/as de educación primaria. Foron estes últimos os encargados de recitala ás portas do centro aos pais e nais que estaban agardando fóra. Tamén aproveitaron para cantarlles unha panxoliña. 


xoves, 14 de novembro de 2013

Semana dos Cogomelos

A través do proxecto do centro "Campañó: a nosa parroquia", os nenos e nenas do segundo e terceiro ciclo de primaria participamos nun obradoiro sobre os cogomelos. Amancio Castro, como membro da "Asociación Micolóxica Brincabois", adentrounos neste mundo e deunos resposta a todas as nosas dúbidas. Tamén con Amancio, o día 11 de novembro, saímos ao monte para recoller algúns exemplares. A clasificación das 29 especies recollidas e a posterior exposición no colexio fixémola gracias á axuda de Jaime Blanco Dios, presidente da citada asociación.
Queremos destacar a participación do CEIP San Benito de Lérez, CEIP Santo André e EEIP de Verducido, cos que vimos traballando dende hai anos en diferentes actividades.